Arte insular

Folio 292 do Libro de Kells, co comezo do Evanxeo de Xoán.
Réplica da Hilton of Cadboll Stone
Shoulder-clasps (fíbula de hombreiro) de ouro, granate e cristal millefiori
Broche penanular irlandés de bronce, século VI.
Cruz e torre redonda de Devenish, mosteiro fundado no século VI. As construcións actuais son de cronoloxía máis tardía (a torre, posiblemente do século XII, a cruz, posiblemente do XV).

A Arte insular ou arte hiberno-saxoa, son as denominacións historiográficas[1] para a arte producida nas Illas Británicas na Alta Idade Media. Para esa época (séculos V ó X), tamén denominada "época escura" ou período das invasións, posterior á caída do Imperio romano de Occidente, a escasa produción artística de Europa occidental acostuma englobarse na xenérica denominación de "Prerrománico".

Os territorios "insulares" de Irlanda e Gran Bretaña, moi divididos politicamente, tiveron nesta época unha destacable unidade cultural no predominio artístico, intelectual e socio-relixioso do monacato que, sobre a base do cristianismo, fusionou os restos da herdanza clásica grecorromana con achegas dos pobos xermánicos e as características locais dos pobos prerromanos autóctonos, xenericamente clasificados como "celtas" ou "gaélicos".[2]

  1. Hugh Kearney, As Illas Británicas, Akal, 2003, ISBN 8483230399, pg. 19: Os historiadores da arte puxeron en circulación o termo "hiberno-saxón" (agora amplamente remprazado por "insular") co propósito de crear un escenario máis amplo que o das categorías nacionais tradicionais
  2. Honour & Fleming, 244–247; Pächt, 65–66; Walies & Zoll, 27–30

Developed by StudentB